A Policía Local de Ferrol realizou un operativo especial de prevención do consumo de alcohol en menores de idade
A Xefatura de Policía Local de Ferrol informou hoxe sobre as diferentes actuacións realizadas esta fin de semana no termo municipal. Os axentes policiais realizaron un dispositivo especial destinado á prevención do consumo de alcohol por menores de idade.
Este operativo contou con dous ámbitos de actuación: por unha banda, as zonas onde se congrega a xuventude para realizar o “botellón”; e por outra, os locais de ocio coa finalidade de velar polo cumprimento da prohibición da venda de alcohol de bebidas alcohólicas a menores e polo cumprimento do horario de peche. Así, o dispositivo especial concluíu coa tramitación de tres expedientes sancionadores por superar o horario de peche e un expediente por exercer a actividade de café-bar carecendo da oportuna autorización.
Por outra banda, os axentes tamén interviñeron, xunto con dotacións do Servizo de Extinción de Incendios, no sufoco de dous incendios: un deles nun local de restauración situado na rúa Pintor Bello Piñeiro, e o outro na rúa Igrexa. Segundo indicou a Policía Local, en ámbolos dous casos a causa foi a mesma, os donos se ausentaron do local -no primeiro caso- e da vivenda – no segundo- mentres deixaron unha pota e unha tixola ao lume, respectivamente.
Aparatoso accidente na FE-15
Ademais, a Policía Municipal interveu, durante toda a fin de semana, en oito accidentes de tráfico. O incidente con maior gravidade tivo lugar ás 21:20 horas do sábado na FE-15 e consistiu no envorco dun turismo ocupado por dúas persoas que tiveron que ser excarceradas. Os axentes policiais indicaron que dada a aparatosidade do accidente foi necesario establecer un dispositivo de tráfico co obxecto de asegurar a zona e permitir o paso de vehículos cara o porto polo única carril dispoñible, así como proceder a devolver ao turismo á súa posición normal para extraer as súas ocupantes. Ningún dos ocupantes do vehículo resultou ferido de gravidade.











