A Policía Local de Ferrol realizou diferentes controis de alcoholemia no termo municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Xefatura de Policía Local de Ferrol informou hoxe sobre diferentes actuacións realizadas esta fin de semana no termo municipal e que se enmarcan dentro da Campaña de Seguridade Viaria. Os axentes policiais realizaron, ao longo da noite do sábado, diferentes controis de alcoholemia en varios puntos da cidade. O primeiro dispositivo realizouse entre as 23:00 e as 00:00 horas na praza de Galicia, mentres que o segundo control tivo lugar en torno ás 04:00 horas na FE-11.

Durante o primeiro control, foron controlados un total de 60 vehículos, dos cales 3 arroxaron taxas superiores ás establecidas, polo que se tramitaron sancións administrativas a cada un deles. Dos positivos, un deles rexistrou unha taxa delictiva polo que se tramitaron dilixencia ao xulgado. Así mesmo, un menor foi posto a disposición xudicial por conducir un vehículo a motor para o que carecía de permiso de condución. Así mesmo, durante o segundo control foron controlados un total de 57 condutores, onde se localizaron a 5 condutores que circulaban co seu vehículo baixo os efectos de bebidas alcohólicas. Deste total, 3 rexistraron altas taxas, polo que foron postos a disposición xudicial, mentres que os outros dous foron sancionados administrativamente. Entre os condutores que deron positivo, a maioría dos rexistrados en ámbolos dous controis de alcoholemia foron homes, agás unha muller. En canto á idade media dos positivos, na praza de Galicia foi de 50 anos mentres que no realizado na FE-11 foi de 28 anos.

Danos no mobiliario urbano

Por outra banda, durante a tarde – noite do sábado, unha patrulla da Policía Local identificou a un grupo de oito menores que, segundo declaracións de testemuñas, produciron danos en papeleiras e diferente mobiliario urbano á altura da praia na Avenida do Mar. Os oitos menores do grupo tiñan idades comprendidas entre os 13 e 16 anos. Así, dous dos mozos de 14 e 16 anos se identificaron como responsables dos danos causado polo que, trala comunicación dos feitos aos seus pais, foron tramitadas as correspondentes dilixencias.

25 de febreiro de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.