A Policía Local de Ferrol abre sete expedentes a vendedores ambulantes en Recimil
A Policía Municipal de Ferrol realizou esta semana unha intervención no mercadillo de Recimil centrada no cumprimento do establecido na ordenanza municipal de venda ambulante. Este operativo de control deu como resultado a tramitación de sete expedientes sancionadores por infraccións á normativa.
Ditas sancións foron cursadas por carecer de autorización municipal para a venda e a instalación dun posto de mercadoría. Ademais, os gardas requisaron un total de 2.100 produtos distribuídos en: 1.213 CD´s musicais, 760 películas en formato DVD, 93 reloxos de pulseira e 33 prendas de roupa.











