A Orquestra Sinfónica de Galicia actúa no teatro Jofre
O Teatro Jofre acollerá o vindeiro xoves, día 6, o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia. A actuación dará comezo ás 20:30 horas e as entradas pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do teatro ou a través da páxina oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
O violonchelista francés David Ethève, na actualidade solista deste instrumento na Sinfónica de Galicia, será o protagonista dun programa que inclúe as obras “Cap de Quers”, de David del Puerto, o concerto para violonchelo e orquestra, en la menor, op.129 de R. Schumann, o Agnus Dei de K. Penderecki e as Cancións Eternas de M. Karlowicz. A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará nesta ocasión baixo a dirección do polaco Michal Nesterowicz.











