A mostra “Fotoxornalismo 2013” abrirá as súas portas na sala municipal de exposicións de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A sala municipal de exposicións do Concello de Brión acolle dende mañá venres 21 de febreiro e ata o próximo mércores 5 de marzo a exposición “Fotoxornalismo 2013”, unha mostra da Asociación de Prensa da Coruña que recolle as imaxes máis destacadas do ano por parte de fotoxornalistas galegos. Unha exposición promovida pola Deputación Provincial da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Brión.

Na duodécima edición desta exposición participan os fotógrafos Javier Alborés, Mero Barral, J. Cabalar, Marta Capote, Vanesa Casteleiro, César Delgado, Víctor Echave, Moncho Fuentes, Patry Fraga, Iago López, Amador Lorenzo, Carlos Pardellas, Andy Pérez, Eduardo Pérez, Pedro Puig, César Quián, Quintana, Paco Rodríguez, José Sánchez, Jesús Sancho, Susy Suárez, Torrecilla y Juan Varela.

20 de febreiro de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.