A mostra “106 anos de Laxeiro. 23-F-1908/23-F-2014” pódese visitar no espazo cultural do Concello de Lalín

Inauguración da mostra
Os horarios de visitas á mostra son, de luns a venres, pola mañá de 10 a 14 horas, solicitando a apertura da mostra na conserxería do Concello e pola tarde de 18 a 20 horas (estará atendida por unha persoa) Para visitas de grupo e en fin de semana as persoas interesadas deberán concertar previa cita no 986 78 40 04 en horario de 10 a 14 e de 19 a 21 horas O 19 de marzo está confirmada a visita dun grupo de alumnos do CEIP Xesús Golmar.
A exposición “106 anos de Laxeiro. 23-F-1908/23-F-2014”, inaugurada o pasado sábado 22 de febreiro, en vésperas do Día Grande da Feira do Cocido, data do cumpreanos do nacemento do ilustre pintor lalinense, pódese visitar no Espazo Cultural do Concello de Lalín ata o próximo 24 de marzo.
Os horarios de visitas son, de luns a venres, pola mañá de 10 a 14 horas, solicitando a apertura da mostra na conserxería do Concello e pola tarde de 18 a 20 horas (estará atendida por unha persoa).
Para visitas de grupo e en fin de semana as persoas interesadas deberán concertar previa cita no 986 78 40 04 en horario de 10 a 14 e de 19 a 21 horas.
Está confirmada unha visita de alumnos do CEIP Xesús Golmar para o 19 de marzo ás 10 horas e tamén este sábado se achegarán a vela, sobre ás 13.30 horas, os participantes no Emporcarte e no Cocido das Artes.
“106 anos de Laxeiro” é unha mostra inédita organizada polo Concello de Lalín con motivo dos 106 anos de nacemento deste grande mestre da pintura galega, grazas á colaboración da familia Alcalde Varela, que cedeu 22 obras das que conforman a que é a colección privada máis importante da obra de “Laxeiro”. A filla de Salvador Alcalde e Loli Varela, Maru Alcalde, estivo presente o sábado pasado na inauguración da dita mostra, xunto co alcalde, o conselleiro de Cultura, a responsable municipal de Cultura e o voceiro do grupo de goberno, entre outros.
É unha exposición composta por obras que datan de 1952 a 1985 e que reflicten o mundo de Laxeiro a través dos seus nenos, maternidades, mulleres e xentes de aldea.











