A memoria das mulleres chega aos centros de ensino pontevedreses da man de ‘Matriarcas’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O proxecto municipal A memoria das mulleres segue o seu programa de actividades nos centros de ensino. Mañá martes, 25 de febreiro, terán lugar dous encontros con alumnado no que participarán a xornalista e escritora Montse Fajardo, autora do libro Matriarcas, mulleres en pé de vida e Gloria Lijó Cacharrón, mariñeira de altura de Ribeira e unha das protagonistas do libro. Gloria Lijó, ademais dunha vida extraordinaria, ten unha grande capacidade narrativa e un humor que engancha ao público xuvenil.

Martes 25 de febreiro A memoria das mulleres na escola:

• 12 h. Charla coloquio sobre Matriarcas no IES Martín Sarmiento con Montse Fajardo (autora) e Gloria Lijó (unha das protagonistas)

• 18 h. Charla coloquio sobre Matriarcas no CIFP A Xunqueira con Montse Fajardo e Gloria Lijó

24 de febreiro de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.