A Laracha conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha mostra da súa obra na Biblioteca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Rosalía de Castro, unha das figuras literarias máis destacadas do século XIX tanto en lingua galega como en castelá, nacía en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837, hai hoxe exactamente 177 anos.

En conmemoración desta efeméride, e por iniciativa do Concello, na biblioteca municipal da Laracha foi composta unha mostra da obra completa da autora, que conta con varias edicións dos seus libros máis coñecidos (Cantares Gallegos, Follas Novas e En las orillas del Sar) acompañados, como elementos decorativos, por poemas soltos impresos sobre cartolinas cos que se obsequiará aos usuarios da biblioteca.

A exposición permanecerá nun lugar preferente desta instalación municipal durante toda a semana co obxectivo de difundir o legado de Rosalía de Castro e animar aos socios e usuarios da biblioteca municipal a interesarse polo obra da escritora galega.

24 de febreiro de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.