A I Marcha Ciclista Síndrome de Angelman celebrarase o domingo 16 de febreiro en Cangas
Esta mañá a Casa da Xuventude de Cangas acolleu a presentación da “I Marcha Ciclista Síndrome de Angelman” organizada polo club “Peña Ciclista Bike ou non vai” en colaboración coa Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas. Ao acto asistiron o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño, o director do clube Bike ou non vai Ernesto Rueda, o tesoureiro Juán José Pérez e a directiva Patricia González.
A marcha celebrarase o vindeiro domingo día 16 de febreiro a partir das 9,30 horas da Alameda Vella e irá ata Cabe Home. En total 38 quilómetros de percorrido nos que, como dixo o director do club “ percorreremos lugares moi característicos do municipio e se o tempo acompaña difrutaremos dunhas vistas marabillosas”.
O pelotón dirixirase dende a Alameda Vella ata o Concello, voltará ata a avenida de Vigo polas rúas do Casco Vello, a continuación dirixirase ata San Roque, Darbo, o Monte Carrasco, o Bosque Encantado, Pinténs,Porteliñas e a caracola de Donón onde terá lugar un habituallamento antes de regresar ao punto de meta polos faros de Cabo Home, Donón, Porteliñas, o camiño romano de Hío, o Ceip Hío, Liméns e Massó ata chegar de novo a Cangas.
Para os que o prefiran tamén se organizará unha andaina de 12 quilómetros de lonxitude, que partirá a mesma hora da Alameda Vella hacia a chimenea de Massó, San Roque, Elefante, as campanas,os pertroglifos da Laxe, o Balcón do Rei, o Castelo e Varalonga onde terá lugar o habutuallamento antes do regreso a Cangas polo camiño vello de Darbo, Sierra Poniente e San Roque.
Todos os interesados poderán apuntarse ata o vindeiro xoves a través do ederezo web http://marchaangelman.wordpress.com . O custo da inscrición será de 6 euros que serán donados integramente en favor da investigación sobre a enfermidade de Angelman. Tamén haberá un “dorsal 0” para que aqueles que non poidan participar na marcha poidan facer doacións de estar interesados. A inscrción da andaina é gratuíta.
Polo momento estímase que participarán entre 500 e 600 persoas.
Esta marcha ciclista ten como finalidade a recadación de fondos destinados ao estudo do Síndorme de Angelman, unha enfermidade que en España padecen preto de 200 persoas e hai 5.000 diagnosticados a nivel mundial. Tal e como explicou o tesoureiro do club organizador Juán José Pérez “na actualidade estase avanzando moito nos ensayos clínicos con Midociclina, que axuda coa enfermidade mellorando a calidade de vida dos afectados a nivel cognitivo, de equilibrio e na fala”. Ademais estudos recientes levados a cabo nos EEUU atoparon a cura da enfermidade en ratóns, a través dunha inxección desta mediciña directamente no cerebro dos animais. Algo que polo momento non se realizar en seres humanos e por iso é necesario seguir coa investigación.
O Síndrome de Angelman presentase como unha modificación no xen número 15 que impide que as personas afectadas segreguen a proteína V3A, o cal lles proboca importantes problemas motrices ( equilibrio, camiñar) e moitos non poden falar.
O concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño quixo felicitar ao clube e resaltar a importancia deste tipo de iniciativas que mesturan deporte e solidaridade e declarou que dende o Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte sempre estarán dispostos a colaborar con estas actividades. Así mesmo, aproveitou a ocasión para invitar a todos os cangueses e canguesas a participar neste evento solidario.











