A I Feira de Gastronomía de Caza de Nigrán recibiu a visita de máis de 6.000 persoas
Nigrán despediu onte o I Certame Feira e Gastronomía de Caza cun éxito rotundo de participación, tras recibir ao longo de todo o fin de semana a máis de 6.000 persoas e servir máis de 500 racións de carne de xabaril e corzo. Ademais, as persoas que se achegaron ao recinto en Praia América tiveron a oportunidade de gozar de exhibicións de tiro con arco, cetraría, probas de rastrexo con cans da raza Springer Spaniel e demostracións caninas de agility nun circuíto de obstáculos.
A organización agradece a todos os seus colaboradores, e ao Concello de Nigrán, así como a expositores e visitantes, especialmente a estes últimos, “sen os cales non sería posible o éxito alcanzado”, sinala un dos responsables da organización, José Juan Martínez Cabaleiro.











