A hostalería de Redondela celebra San Valentín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Redondela, presenta para este San Valentín unha serie de propostas románticas para disfrutar na Hostalaría de Redondela.

Trece son os establecementos de Hostalaría, restaurantes, apartamentos, hoteis, pazo, pizzería, os que durante os últimos 15 días e a través dos distintos medios sociais da Asociación de Empresarios de Redondela mostraron as súas propostas para pasar unha velada especial por San Valentín.

Facebook, twitter, google+ ou a propia páxina web da asociación foron os altavoces desta promoción nas que nos podemos atopar con ceas románticas, ceas baile, estancias con almorzo e moitas sorpresas e agasallos que poderán disfrutar os clientes da Hostalería de Redondela que presenten o vale agasallo que atoparan na páxina web da asociación ao facer as súas reservas.

Esta campaña que foi única e exclusivamente lanzada a través das Redes Sociais da asociación tivo un maior seguimento a través de da páxina de facebook da asociación (asociaciondeempresariosderedondela), que dende o 4 de febreiro tivo un alcance de casi 2.000 usuarios e numerosas intereccións nas distintas publicacións.

Así que xa non hai escusa para disfrutar dunha fin de semana especial este ano en San Valentín na Hostalaría de Redondela

13 de febreiro de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.