A historia da Bela e a Besta chega cun musical en inglés para toda a familia ao Auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O xénero do musical regresa ao Auditorio de Vilagarcía esta fin de semana coa representación dun clásico para toda a familia. Trátase da historia de “A bela e a besta” que, neste caso, será contada e cantada en inglés, nun espectáculo que, ademais de divertir, pretende familiarizar a nenos e adultos coa lingua de Shakespeare. A función será o sábado, 22 de febreiro, a partir das 18:00 horas. As entradas pódense comprar xa na Imprenta AGQ (Rúa San Roque) a 10, 8 e 6 euros e na billeteira do Auditorio o día da función dende as catro da tarde.

Divertirse e aprender. Converterse en actor e practicar inglés. E todo nunha tarde. Esta é a aposta da compañía You Are the Story, especializada en teatro didáctico en inglés para nenos, mozos e agora tamén para toda la familia. O novo concepto de ocio permite gozar dunha obra de teatro, integramente en inglés, practicar, entender e ademais divertirse coas cancións do musical e incluso… ser actor por unha tarde. A combinación perfecta para a tarde do sábado.

“The Beauty and the Beast, the musical”é un clásico renovado que pon seis personaxes en escena con solo dous actores. Con esta premisa podemos adiviñar que algún dos máis pequenos do público quizá poida converterse nunha personaxe. Que non cunda o pánico. Os actores, expertos condutores deste tipo de teatro educativo guiarán á perfección ás improvisadas personaxes. Actores nativos que se adaptan perfectamente ao público da sala. Unha proposta da que xa gozaron máis de 50.000 persoas no Teatro Maravillas de Madrid durante a temporada pasada.

A historia vivímola dende o punto de vista de Besta, 200 años despois de recibir o feitizo que o transformou. Namorado de Bela, desexa por todos os medios romper esa maldición nun espectáculo con música, humor interacción e moitas sorpresas.

21 de febreiro de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.