A Guarda celebra a VII Gala do Deporte Guardés este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+

O venres 14 de febreiro ás 20:00 horas da tarde terá lugar no centro cultural  a VII Gala do Deporte Guardés, que como ven sendo habitual, premia aos deportistas guardeses de distintas modalidades deportivas, que acadaron un resultado destacado durante o ano 2013.

Nesta edición a gala será presentada polo xornalista deportivo da TVG Terio Carrera. Ademais, contaremos coa presenza de Don Serafín Alonso, director da Fundación Real Club Celta de Vigo, e un xogador do equipo filial, todavía por confirmar.

Dende a Concellería de Deportes do Concello da Guarda queremos premiar tamén a dedicación e esforzo de diferentes persoas que traballan e se implican na promoción e práctica do deporte no noso municipio.

12 de febreiro de 2014 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.