A Garda Civil detén a dúas persoas de Pontevedra por roubos en Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSoutomaiorSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a JC.P.E.,  de 40 anos de idade e imputan á súa compañeira sentimental RG.F.R., de 33, veciños de Pontevedra, como supostos autores  do roubo en interior de dous vehículos estacionados nas rúas da localidade de Arcade (Soutomaior).

Por mor das investigacións que compoñentes do Posto da Garda Civil de Soutomaior viñan realizando para o esclarecemento do roubo no interior de dous vehículos, no día de onte procederon á localización de detención do suposto autor e á imputación da súa parella e coautora no referido feito delituoso.

No momento da detención intervéñenselles no interior dun carro de compra dous abrigos de señora de pel, dado que non puideron acreditar a procedencia dos mesmos.

Unha vez conducidos ás dependencias oficiais do referido Posto da Garda Civil e no transcurso da instrución das correspondentes dilixencias impútaselle tamén a  JC.P.E., un roubo no interior dun domicilio en Pontesampaio (Pontevedra) onde, entre outros efectos, subtraera os dous citados abrigos, que foron recoñecidos e entregados aos seus lexítimos donos.

O detido, xunto coas dilixencias instruídas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución dos de Redondela, onde que terá que comparecer a imputada cando para iso sexa requirida.

13 de febreiro de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.