A Fundación de Vilagarcía inviste preto de 14.000 euros na mellora do pavillón de Faxilde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Fundación de Deportes está investindo preto de 14.000 euros nas obras de mellora do pavillón de Faxilde, sito no recinto escolar deste lugar da parroquia de Sobrán. As obras son realizadas con fondos e persoal propios e supoñen a substitución de portas, fiestras, duchas, sanitarios e as conduccións destas. En canto o tempo o permita, as actuacións proseguirán no exterior.

Hoxe, o alcalde, Tomás Fole, e a presidenta da Fundación de Deportes, Elena Suárez, fixeron unha visita ao pavillón e explicaron que esta é unha das moitas actuacións que se están a levar a cabo nas instalacións deportivas municipais a fin de que o Concello, dentro das súas posibilidades, poida ofrecer o mellor servizo aos veciños. Neste caso de Faxilde co engadido de que ademais de servir á comunidade educativa, é tamén o pavillón de referencia de Vilaxoán e un dos complementos para os adestramentos dos distintos clubs do Concello.

En canto o tempo o permita, as obras proseguirán co saneamento das paredes interiores e exteriores, de xeito que se impida a filtración de humidades, se pintará de novo todo o recinto e se adecentarán os accesos ao recinto coa botadura dunha capa de formigón, a substitución das portas de entrada e a rotulación exterior do recinto.

20 de febreiro de 2014 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.