A execución de obras de reparación requerirá pechar ao tráfico un tramo da rúa Bedoia, en Ourense
O domingo, día 9 de febreiro, estará cortado ao tráfico o tramo da rúa Bedoia comprendido entre as rúas Santo Domingo e Valle Inclán, dende as 9:00 ata as 19:00 horas, para permitir a execución de traballos de reparación.
O corte de tráfico realizarase dende o cruce do Parque de San Lázaro coa rúa do Paseo para que a circulación de vehículos se desvíe pola rúa Curros Enríquez. Só poderán acceder á rúa Santo Domingo os usuarios de prazas de garaxe e taxis.
O Concello de Ourense solicita aos conductores que desculpen as molestias ocasionadas por este corte de tráfico, que resulta necesario para a execución das obras, que consisten básicamente na reparación das tapas dos pozos de canalizacións existentes na rúa para evitar ruidos e evitar filtracións.











