A Eurocidade Valença-Tui acolleu a XVII Gala de Entrega dos Trofeos Deportivos “O Minhoto”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaTui
A-
A+
Foto de familia dos premiados

Foto de familia dos premiados

O Teatro Municipal de Tui acolleu o pasado luns a entrega dos trofeos deportivos  “O Minhoto” que recoñecen e premian publicamente o mérito dos atletas, clubs, dirixentes deportivos, adestradores e árbitros que máis destacaron na práctica das súas modalidades na rexión Miño.  A Gala de Entrega dos Trofeos celébrase cada ano nun municipio portugués correspondendo este ano a Valença, que no ámbito da Eurocidade, apostou por celebrar o evento no teatro tudense.

O xurado desta XVII gala deportiva estivo formado xornalistas deportivos locais, rexionais e nacionais e entidades ligadas ao deporte xunto a  varias asociacións de clubs, entre outras.

O galardoados o pasado luns foron  en balonmán Fábio Magalhães (Braga – Sporting Clube de Braga), en Artes Marciais Júlio Ferreira (Braga – Sporting Clube de Braga),en atletismo Carlos Sá (Barcelos – Desnível Positivo), en baloncesto Miguel Maria Cardoso (Ponte de Lima – Nanterre/Francia), en piragüismo Rui Lacerda (Ponte de Lima – Club Náutico de Ponte de Lima), en ciclismo David Vaz (Viana do Castelo – Viana Ciclo Club), en deporte adaptado João Machado (Cabeceiras de Basto – CERCIFAF), en deportes motorizados Miguel Barbosa (Vila Nova de Famalicão – Automobilismo), en fútbol afeccionado Vítor Correia (Viana do Castelo – S.C. Valenciano) e en fútbol profesional Vieirinha (Guimarães – V.L.F. Wolfsburg/Alemaña). Tamén recibiu o trofeo “O Minhoto” Patrícia Magalhães (Vila Nova de Famalicão – F. C. Vermoim) en fútbol sala, Hélder Nunes (Barcelos – F. C. Porto) en hoquei a patíns, Diana Durães (Fafe – F.C. Porto) en natación,  Bárbara Ribeiro (Vila Nova de Famalicão – Danza Deportiva – Alumnos de Apolo de Lisboa) en modalidades divesas, João Miguel Pito (Camiña – Sporting Club Caminhense) en remo, Vítor Silva (Guimarães – Vitoria Sport Club) en voleibol.

Tamén se recoñeceu ao árbitro Rui Torres (Barcelos – Hóquei en Patins), á Asociación de Baloncesto de Braga, mentres que o premio á consagración foi para Luís Viana (Viana do Castelo – Hóquei en Patins – Xuventude de Viana), e  o recoñecemento para o club de deporte escolar foi para a Universidade do Miño (Braga – Guimarães), e o club de fomento do deporte base recaeu na Escola Deportiva de Viana (Viana do Castelo). Por outra parte o galardón ao club pola conexión entre o deporte e a cultura foi para o Centro Social da Xuventude de Belinho (Esposende).  Coma mellor dirixente deportivo foi recoñecido Luís Teles (Braga – Académico Basket Club – ABC), e o premio ao mellor evento deportivo foi para Guimarães Capital do Deporte (Guimarães).  O galardón ao deportista revelación recaeu en Paulo Oliveira (Vila Nova de Famalicão – Fútbol – Vitoria Sport Club)

Por último José Sousa (Vila Verde – Canoagem – Sporting Club de Portugal) foi recoñecido como mellor adestrador, mentres que o gran premio Xurado na categoría individual foi para Paulo Gonçalves (Esposende – Motociclismo – Honda RC)  e o colectivo recau no Baloncesto Club de Barcelos (Barcelos – Baloncesto).

Os organizadores desta gala “O Minhoto” anunciaron que conxuntamente co Municipio de Valença van realizar un seminario que servirá de espazo para debate e convivencia entre atletas, adestradores, dirixentes, árbitros e o público en xeral. A iniciativa pretende, así, contribuír dunha forma positiva para a dignificación do deporte e seus deportistas, fomentando a práctica e interese deportivo na poboación máis nova.

26 de febreiro de 2014 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.