publicidade hoxe

A estrada de acceso á igrexa de Fragas permanecerá cortada do 24 de febreiro ao 14 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo Lameiro
A-
A+

A estrada provincial 8303, que dá acceso á igrexa de Fragas, no concello de Campo Lameiro, permanecerá pechada ao tráfico entre o 24 de febreiro e o 14 de marzo.

A Deputación de Pontevedra ten previsto acometer neses días as obras de mellora da drenaxe da estrada, así como a limpeza de marxes, dotación de cunetas e mellora da pavimentación e da sinalización horizontal, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na zona.

O corte que comezará o 24 de febreiro ás 08,00 horas e rematará o 14 de marzo ás 20,00 horas, afectará a un treito de 2,7 quilómetros, concretamente entre o punto quilométrico 0+000 e 2+750.

Habilitaranse os correspondentes desvíos que se sinalizarán tanto na PO-221 como na PO-223.

As obras que se van realizar inclúen a colocación de colectores e tubos de drenaxe, pero tamén a dotación de pavimento e rego de adherencia, a marcación da estrada e a instalación de barreiras de protección.

Ademais, nalgúns puntos será preciso construír muros de contención, que se elaborarán en mampostería de granito.

18 de febreiro de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.