A estrada A Laracha-Lendo córtase ao tráfico por danos na ponte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Técnicos da Deputación da Coruña decidiron cortar ao tráfico a estrada provincial DP-1909 no tramo que comunica a capital municipal (pola avenida de Caión) con Lendo.

A decisión tomouse para evitar riscos tras detectar e comprobar os danos na ponte existente nesta carreteira (á altura do núcleo de Estramil), que foron provocados pola crecida do río motivada polos fortes temporais que sufriu Galicia durante os últimos días.

Nas próximas horas quedarán sinalizadas as vías alternativas que deberán tomar os vehículos.

Tamén acudiron á zona afectada membros do goberno local e técnicos de Aqualia dado que os danos tamén afectaron á instalación do abastecemento de auga. Non obstante, iso non significará ningunha incidencia na traída para os usuarios.

7 de febreiro de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.