A Enxebre Orde da Vieira nomea aos novos confrades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

Os novos confrades da Enxebre Orde da Vieira, serán investidos na cerimonia do XLVII Capitulo Xeneral que se celebrará en Madrid,o 1 de marzo,no Hotel Meliá Castela de Madrid,a partir das 20 horas.Previamente á cerimonia,servirase un coctel e pecharase cunha cea á que confirmaron a súa asistencia mais de trescentos comensais.

Os galardoados deste ano como novos confrades da Enxebre Orde da Vieira son:

Anxo Basanta Folgueira. Presidente da Asoc. Española de Críticos Literarios. Docente e escritor.

José Manuel Brandariz Pan. Presidente da Asociación de Empresarios Galegos en USA.

Ana Cristina Carrodeguas. Alcaldesa consorte de Miami, co seu esposo o Alcalde Tomás Regalado.

Carmen Díez Martín. Catedrática de Piano, moi galardoada

Pablo Dovalo López. Empresario.Presidente da Asociación de Acordeonistas Rías Baixas

Rafaél Dovalo López. Enxeñeiro Mecánico,autor e compositor.

Wolfgang Illmer. Empresario da Comunicación.

Takeshi Kakihara. Profesor titular de español e de galego. Escritor.

Carmelo Lisón Tolosana. Antropólogo e escritor.

Xurxo Lobato Sánchez. Fotógrafo e Académico.

Santiago Martínez Lage. Diplomático e avogado.

Mª Antonia Otero Quintas. Empresaria-Directiva de WW.TENESTILO.COM.

Roberto Prieto Cerdeira. Delegado da Axencia Espacial Europea.

José Manuel Sieira Miguez. Presidente da Sala 3ª do Tribunal Supremo. Escritor.

Antonio Rodríguez Miranda. Secretario Xeral de Emigración. Xunta de Galicia.

– “HÉRCULES EDICCIONES” recibirá o Trofeo Galeguidade-2014

– O pintor JOSÉ MARIA BARREIRO será distinguido coa “Vieira de Honra á Calidade Artística”

– Diploma de Honra á XUNTANZA DE GALEGOS DE ALCOBENDAS (Madrid), na súa XXV Aniversario.

– De entre os grupos desprazados desde o exterior, significamos aos procedentes de Porto Rico, de Portugal e especialmente ao colectivo de máis de 25 comensais procedente de USA, na súa maioría integrantes da Asociación de Empresarios Galegos en USA..TOTAL: MAIS DE 300 COMENSAIS

– A Produtora Audiovisual “PÓRTICO COMUNICACIÓN” de Santiago de Compostela, acudirá a gravar o Encontro que se retransmitirá no seu programa “GALICIA PARA O MUNDO” a través de TVG e da Canle Internacional de TV2; o que lle dará unha gran repercusión mediática.

– Conducirá a gala o prestixioso xornalista XOSÉ LUÍS BRANCO CAMPAÑA”, actualmente o mellor referente mediático de Galicia en Porto Rico.

28 de febreiro de 2014 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.