A Domus organiza unha actividade sobre nanotecnoloxías nos centros cívicos
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que a Domus organiza, desde mañá sábado 15 de febreiro, unha actividade sobre nanotecnoloxías nos centros cívicos da Coruña, que comezará no de Os Mallos.
Dentro do proxecto europeo Nanopinion (www.nanopinion.eu), no que participa a Domus, organizáronse talleres de participación cidadá na que os asistentes poderán achegarse ao mundo das nanotecnoloxías, cada vez máis presentes nas nosas vidas, e opinar sobre elas. Os talleres, que están dirixidos a todos os públicos, celebraranse até finais de febreiro nos centros cívicos de Os Mallos, Mesoiro, Labañou, Os Rosales e Eirís.
O público poderá, por exemplo, analizar materiais innovadores altamente resistentes á auga, que repelen as manchas e requiren menos limpeza grazas ao seu deseño mediante nanotecnoloxía, coñecer como funciona unha botella que purifica a auga, ou descubrir moitos nanomateriales naturais da nosa contorna, como o leite e a gelatina. Ademais, convidarase aos asistentes a participar nun xogo para coñecer os diversos puntos de vista sobre as nanotecnoloxías e buscar as súas propias reflexións, así como a deixar a súa opinión e participar no sorteo dunha tableta











