A DGT impartirá charlas sobre seguridade viaria na Laracha e Paiosaco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O xoves da próxima semana, día 13 de febreiro, persoal técnico da Dirección General de Tráfico (DGT) impartirá dúas charlas sobre seguridade viaria en A Laracha e Paiosaco. A campaña, que se está a realizar por varios municipios galegos, céntrase especificamente nos peóns e ten por finalidade esencial reducir o número de atropelos que se producen, especialmente pola noite.

Durante as sesións ofrecerase información sobre normas e consellos, que se exporán por medio dun coloquio e a proxección dun vídeo explicativo. Ademais, distribuiranse de xeito gratuíto entre as persoas presentes chalecos reflectantes para que os peóns sexan visibles polos condutores en horas de escasa ou inexistente luz solar.

Dado que as charlas están dirixidas, principalmente, a persoas maiores, o Concello da Laracha decidiu que se desenvolvan xunto aos centros sociais da terceira idade para facilitar a asistencia. Así, ás 17.00 horas celebrarase a de Paiosaco nunha das aulas do centro sociocultural da Porta Santa e máis tarde, ás 18.45, terá lugar a quenda da Laracha, que se impartirá no edificio de servizos múltiples.

Non se require de inscrición previa e a asistencia é gratuíta.

5 de febreiro de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.