A Deputación de Pontevedra convoca os premios a deportistas 2013 nas categorías sénior e promesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O organismo provincial vén de convocar as bases de concesión dos premios a deportistas 2013 coa finalidade de premiar os mellores deportistas pontevedreses das categorías sénior e promesa, tanto masculina coma feminina, polos méritos acadados no pasado ano.

Candidatos

Cada delegación provincial das distintas federacións deportivas galegas ou as propias federacións proporán dous candidatos das citadas categorías (tanto en homes coma en mulleres), así como un club que, segundo o seu criterio, sexan acredores da distinción a nivel provincial. Achegarase xunto a esta proposta unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese de cada candidato, ademais de todas aqueloutras circunstancias que a nivel deportivo ou persoal sexan aconsellables engadir.

Poderán ser propostos como candidatos tanto clubs coma deportistas naturais da provincia de Pontevedra ou que leven cinco anos de residencia nela.

Xurado

Para a designación do premiado nomearase un xurado que estará integrado polo presidente da Deputación, ou deputado en que delegue, nove representantes da asociación da prensa deportiva, seis deputados provinciais, un representante da Secretaría Xeral para o Deporte e un representante do Servizo de Deportes da institución provincial.

A entrega de distincións realizarase na Festa Provincial do Deporte, que organizará a Deputación.  As distintas delegacións ou, no seu caso, federacións, presentarán ata o día 1 de marzo o currículo de méritos de cada un deles e a memoria explicativa nos que basee a súa proposta.

6 de febreiro de 2014 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.