A Deputación da Coruña reserva 144.000 euros para os servizos lingüísticos de 38 concellos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
A Deputación da Coruña reserva este ano 144.000 euros ao programa de servizos lingüísticos dos concellos. A comisión avaliadora desta convocatoria reuniuse e deu o visto bo ás 24 solicitudes presentadas. En total, 38 concellos participan neste programa agrupados, mancomunados ou en solitario.

A través desta liña de axuda que comezou no ano 2004, a entidade provincial subvenciona con 6.000 euros as retribucións dun técnico lingüístico para a creación ou o mantemento dun servizo lingüístico municipal. 

A finalidade destes departamentos nos concellos é fomentar e consolidar o uso e prestixio da lingua con accións destinadas ao conxunto da sociedade e tamén, no ámbito administrativo, para que garantan a súa proxección e a súa visibilidade en todos os ámbitos do termo municipal. 

4 de febreiro de 2014 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.