A Deputación da Coruña recibe a primeira visita institucional da nova directiva do Real Club Deportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A directiva do Real Club Deportivo da Coruña realizou hoxe a súa primeira visita institucional á sede da Deputación provincial. O presidente, Diego Calvo, salientou durante o encontro a importancia e “todo o que supón” o equipo para a cidade da Coruña e para a provincia: “Os éxitos do Deportivo non son só os éxitos do club, senón tamén os da cidade e os de toda a provincia”.

Durante a reunión, os membros da directiva, encabezada polo presidente Tino Fernández, explicáronlle ao titular provincial a situación en que se atopa o club e os seus plans de futuro. Todos os presentes coincidiron en “iniciar e manter no tempo” unhas relacións fluídas.

Tras o encontro, Calvo invitou ao presidente do Deportivo a asinar no Libro de ouro da Deputación.

14 de febreiro de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.