A Deputación da Coruña patrocina dous concertos da Orquestra Gaos e a Sinfónica de Melide no Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
A vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área de Cultura e Deportes, Mariel Padín, acudiu hoxe á presentación do Ciclo de Música Clásica que o Teatro Colón organiza durante o mes de marzo. Entre os participantes estarán as orquestras Gaos e a de Melide, coas que a institución provincial leva anos colaborando. O programa o completa coa actuación do Golden Piano Trío.  

 Mariel Padín destacou o compromiso que o ente provincial ten coa cultura e máis concreto coa música clásica. “Hai que intentar chegar aos máis pequenos para que todos saiban o que é un violín ou un arpa”, destacou, co obxectivo de “facer canteira”. Por iso, este ano, a Deputación aumenta o seu compromiso cos conservatorios e as escolas de música con subvencións de 20.000 e 10.000 euros, respectivamente.  

“O obxectivo é axudarlles na súa labor de difusión da música clásica”, indicou a deputada provincial.

Neste senso, o director da Orquestra Gaos, Fernando Briones, agradeceu á Deputación e mais en concreto a Mareal Padín o seu compromiso. “Porque a institución, e a súa vicepresidenta, están moi implicados co que é a música clásica e están a facer un gran labor”, resaltou.

Pola súa banda, Fernando V. Arias, director da Orquestra de Melide, asegurou que “os galegos estamos crecendo e creando, tanto no ámbito da composición como da interpretación”.

Tamén desde Melide, a alcaldesa da localidade, Anxeles Vázquez Mejuto, quixo deixar mostra do seu agradecemento coa Deputación “por axudar a que toda a provincia coñeza aos nosos músicos”. Declarábase, polo tanto, satisfeita de que “a música da nosa localidade poida chegar a todos os públicos”.  

Programación

O Ciclo de Música Clásica celebrarase os tres primeiros martes do mes. A primeira actuación será a da Orquesta Gaos e Zoar Ensemble o día 4.

O día 11 será a quenda de Fernando V. Arias, da Orquestra de Melide, que presentará seis composicións propias da man de 13 solistas.

E por último, actuarán no Teatro Colón Golden Piano Trío con obras de Dvorak, Manuel López Jorge e Brahms.

28 de febreiro de 2014 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.