A Deputación da Coruña leva aos centros educativos da provincia un programa formativo sobre o Parlamento Europeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europe Direct, o centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, está a desenvolver un programa formativo sobre o funcionamento do Parlamento Europeo nos centros educativos da provincia.

A iniciativa, enmarcada dentro do ano das eleccións europeas, leva por título “tUEuropa: las aventuras de Mr. Európez en el Parlamento Europeo” e permitirá coñecer a misión e o funcionamento deste organismo internacional a través das experiencias dun galego en período de prácticas no Parlamento.

As eurocharlas, de carácter gratuíto, impartiranse tanto en inglés como en castelán, e estarán dirixidas a estudantes de ESO e Bacharelato, con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.

Todos os centros interesados en acoller algunha destas sesións que se desenvolverán entre os meses de febreiro e marzo, deberán solicitalas a través de europedirect@dicoruna.es ou no número de teléfono 981 080 331.

26 de febreiro de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.