A Delegación de Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais homenaxea a Bruno de Miranda Santos
A Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia homenaxeou a Bruno de Miranda Santos, que estivo á fronte da Delegación durante o últimos catro anos (2009-2013). Unha homenaxe que tivo lugar durante unha cea celebrada no restaurante Green de Santiago de Compostela e á que asistiron unha trintena de persoas.
Ao finalizar a cea, o novo equipo directivo da Delegación, formado por Fernando Branco Silva (delegado), Andrés Figueiras Nogueira (subdelegado) e Ernesto Rodríguez Branco (vogal) recoñeceron a dedicación do tres membros saíntes: Bruno de Miranda, Manuel Liñares Túñez e Manuel Lara Coira durante o últimos catro anos. Ademais, entregaron a Bruno de Miranda unha medalla conmemorativa do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia e un diploma polo que o nomeaban “Delegado Emérito”.











