A D.O. Monterrei tivo unha cita co motor no XI Rally de Inverno de Clásicos Deportivos

Algúns dos clásicos participantes
O XI Rally de Inverno de Clásicos Deportivos iniciou hoxe a primeira das súas dúas etapas, na que participaron un total de 52 coches clásicos de España e Portugal.
Trátase dunha proba de regularidade que establece no seu percorrido distintos postos de control horario, de modo que puntúan positivo aqueles pilotos que máis se aproximen ás medias horarias establecidas. O circuíto na súa primeira etapa transcorreu do municipio ourensán de Vilar de Barrio a Chaves.
Unha das paradas obrigadas tivo lugar esta tarde na Denominación de Orixe Monterrei, pois na súa sede situouse un dos Postos de Control Horario. Alí estiveron presentes os organizadores do Rally, Alfredo Bárcenas e José Rodríguez, facendo a súa chegada unha estupenda colección de 52 clásicos deportivos, con grandes reclamos como:
O Jaguar 57 do ano 65, Porsche 911 e 912, Alpine Renault A110, Ford 100HP Coupé do 47, Ford Capri 300GT, Lotus Elan do 61, o MG MGB, Mini Cooper, Mercedes-Benz 190SL, o Triumph TRS, entre outros.
A Denominación de Orixe Monterrei, como colaboradora deste evento, fixo entrega a todos os pilotos dun estoxo de viño, para así promocionar o produto desta nova rexión vitivinícola entre todos os participantes.











