A Coruña contará con sinais luminosos con tecnoloxía led para mellorar a seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico e Mobilidade que dirixe Begoña Freire, instalou sinais luminosos con tecnoloxía led en varios puntos da cidade co obxectivo de reforzar a seguridade viaria de peóns e condutores

“A mellor solución para mellorar a seguridade viaria é o máximo respecto ás normas de tráfico por parte de todos os que usamos e movémonos no espazo público, condutores e peóns”, sinalou Freire, quen lembrou que un dos obxectivos do Goberno municipal é “pór o máximo empeño en reforzar a atención dos condutores para protexer aos colectivos máis vulnerables -os peóns- e facer unha cidade máis segura, máis humana para o peón e para transitar”. “A tecnoloxía proporciónanos multitude de solucións para facer as vías máis seguras”, engadiu a concelleira.

Os reforzos luminosos nos sinais de tráfico son un exemplo, porque engaden un plus de seguridade, aumentando o nivel de atención do condutor en lugares sensibles, e anticipando o seu nivel de precaución ante un posible perigo. O custo é superior a un sinal convencional, pero as vantaxes son evidentes: os sinais ven mellor de noite ou con malas condicións atmosféricas; os escintileos luminosos chaman a atención do condutor e permítenlle anticiparse ao risco sinalizado; os puntos de luz led ven mellor, consumen menos e duran máis que as lámpadas tradicionais; a instalación con paneis solares para abastecerse de enerxía non contamina e non supón un gasto enerxético adicional.

A última intervención foi a instalación de dous sinais de paso de peóns con leds e subministración a través de enerxía solar (placa fotovoltaica de 40 watts con cabeza rotatoria colocada na parte superior do poste e a correspondente batería) no paso de peóns existente na Maestranza-Xardín de San Carlos, que se une á instalación de dous sinais de ceda o paso en rolda de Nelle e cinco sinales de limitación de velocidade a 30 quilómetros por hora en Matogrande e Novo Mesoiro. Tamén xa está prevista a instalación de novos sinais de paso de peóns con leds noutras zonas da cidade, por exemplo na contorna de Elviña e que foron solicitadas polos veciños.

Ademais, revisáronse e reparado os sinais luminosos con leds instaladas na cidade -cambio de baterías e reguladores solares-:

3 sinais de ceda ao paso situadas na contorna de Catro Camiños.

17 sinais de velocidade máxima permitida en avenida de Monelos, Lamadosa, Os Rosales, avenida de Finisterre, avenida de Arteixo, Alfonso Molina á altura da estación de autobuses, avenida de Salgado Torres, Adormideras, Pedralonga, avenida da Universidade e avenida do Exército á altura da Casa do Mar.

17 de febreiro de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.