A Coruña consolídase como sede do Fórum Gastronómico en Galicia coa celebración da segunda edición en 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa e presidenta do Consorcio de Turismo, Luisa Cid, confirmou hoxe que o Fórum Gastronómico volverá á cidade o próximo ano consolidándose así como sede do congreso en Galicia, un evento  de primeiro nivel que terá carácter bianual.

Cid mostrouse moi satisfeita cun congreso “que converteu á cidade na capital internacional da gastronomía”, dixo a edil tras o balance realizado por Pep Palau e Jaume vond Arend, responsables do Fórum Gastronómico, que entre o 23 e 25 de febreiro reuniu en ExpoCoruña aos mellores cociñeiros do mundo.

“O próximo Fórum será en 2015 e farase cada dous anos”, indicou tras facer fincapé na alternancia do Fórum Gastronómico de Galicia con Cataluña e despois de lembrar a “elevadísima participación de profesionais na feira e tamén de medios acreditados”.

Neste sentido, Luisa Cid incidiu na importancia da celebración do Fórum Gastronómico para a cidade porque reforza a estratexia e a aposta do Concello en converter A Coruña nun destino gastronómico de primeira orde, para situar a cidade no mapa culinario mundial. “Cumprimos os obxectivos marcados”, subliñou a tenente de alcalde.

26 de febreiro de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.