A construción do novo centro de saúde de Tui continúa a ser unha prioridade para a Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTui
A-
A+
O alcalde de Tui no encontro con Feijóo. Foto: X. Crespo

O alcalde de Tui no encontro con Feijóo. Foto: X. Crespo

A construción do novo centro de saúde de Tui segue a ser unha prioridade para a Xunta de Galicia. Así llo manifestou esta mañá o titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, ao alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, no encontro que mantiveron durante máis dunha hora en San Caetano. O alcalde de Tui fixo un balance moi positivo deste encontro pola boa receptividade amosaba polo presidente da Xunta cara os problemas dos cidadáns, neste caso dos tudenses.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explica tras o encontro desta mañá que antes de finais de mes agardar recibir o proxecto definitivo do novo centro de saúde, cuxa execución suporá un investimento superior aos 4 millóns de euros, polo que será o Consello da Xunta que aprobe a obra. Alberto Núñez Feijoo transmitiu ao rexedor tudense que “está garantida a continuidade do investimento previsto” de tal xeito que agardan que o comezo das obras sexa unha realidade en breve.

17 de febreiro de 2014 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.