A concelleira Fouces rexeita nun foro do Estado o anteproxecto de Lei do Aborto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, participou esta mañá nunha comisión de seguimento do programa Irene sobre violencia sexual en homes de mulleres, financiado por fondos europeos a través do Instituto da Muller. Carmen Fouces aproveitou a súa presenza na reunión para facer constar en acta o rexeitamento á Lei do Aborto. A concelleira é consciente de que non é o foro axeitado para criticar o anteproxecto de lei, Carmen Fouces lembrou que estas actas chegarán ao Goberno europeo e tamén ás altas instancias do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Do mesmo xeito, a concelleira de Benestar Social Municipal quere deixar claro que o Goberno local aproveitará todos os foros posibles parar denunciar o retroceso que implicará a nova lei, e expoñer o seu rexeitamento.

6 de febreiro de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.