A comunidade galega promove en Madrid a Estratexia de prevención da dependencia e o Plan de maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, promoveu hoxe en Madrid, no Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), as ferramentas coas que conta a Xunta de Galicia para facer efectivas as recomendacións europeas para favorecer o envellecemento activo. O Goberno galego, para acadar este obxectivo, puxo en marcha a Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia, horizonte 2020 e o Plan galego de persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015.

A secretaria xeral promoveu estes dous instrumentos nunha xornada organizada polo IMSERSO para presentar o documento de ‘Propostas para o desenvolvemento das orientacións do Consello da Unión Europea relativa ás persoas maiores’, que contén propostas para o desenvolvemento no Estado das orientacións que teñen que guiar o envellecemento activo e a solidariedade entre xeracións.

Neste senso, Galicia xa ten en marcha a Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia 2013-2016, un documento que recolle preto de 400 medidas concretas, e vai marcar a folla de ruta das políticas de prevención en Galicia durante os próximos 6 anos.

A Xunta está a traballar en aspectos como a promoción da autonomía persoal, o envellecemento activo, a aplicación das novas tecnoloxías nas políticas de prevención ou a colaboración con outras rexións en programas europeos.

Ademais, o departamento autonómico está a desenvolver o Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013, horizonte 2015, un plan que engloba todos os ámbitos de actuación, protección e atención aos maiores e do que se teñen beneficiado 120.000 persoas ao ano.

27 de febreiro de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.