A compañía Os Tres Tenedores presenta “Ensalada de instrumentos” no Carballiño
O sábado, 22 de febreiro, ás 17,30 no Auditorio do Carballiño, a compañía Os Tres Tenedores presenta “Ensalada de instrumentos”.
OS TRES TENEDORES é un grupo músico-teatral que mestura música, teatro e humor, con fins didácticos, especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo e primeiro dente, que son os rapaces e rapazas de entre catro e quince anos.
Levan catro anos actuando por toda Galicia cunha bagaxe de máis de sesenta actuacións.
“ENSALADA DE INSTRUMENTOS é un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías…ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas serán tamén os protagonistas principais do espectáculo.











