A CEO e a Deputación de Ourense acordan liñas de colaboración en materia económica e termal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Baltar na reunión con CEO

Baltar na reunión con CEO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial o presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal, acompañado polo vicepresidente e o secretario xeral da institución empresarial, José Manuel Díaz, e Jaime Pereira, respectivamente, con quen analizou temas referidos o ámbito económico, empresarial e termal da provincia de Ourense.

En concreto, Baltar e Pérez Canal acordaron establecer liñas de colaboración entre o goberno provincial e a CEO no que atinxe ao Observatorio Económico Ourensán, no que a partires de agora a CEO se implicará de forma directa. Baltar tamén convidou ao presidente da CEO a que a institución empresarial participe no desenvolvemento do plan termal, ademais de asumir a coorganización do foro sobre cooperativismo e autoemprego no medio rural que organizará en Bande a Deputación e que se desenvolverá tamén nas demais comarcas da provincia, co obxectivo de apostar polo emprendemento e por fórmulas de éxito para a xeración de emprego como poden ser o cooperativismo e o propio autoemprego.

Para o impulso destas iniciativas o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) vai xogar un papel fundamental á hora da coordinación e desenvolvemento de accións, logo da redefición que promoveu deste órgano o presidente provincial, Manuel Baltar.

Na xuntanza de hoxe a Confederación Empresarial de Ourense tamén referendou o seu apoio á candidatura que está a impulsar a Deputación de Ourense para acadar que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade.

3 de febreiro de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.