A Casa das Campás acolle o documental “Asolagados”
A Casa das Campás acolle este venres, 28 de febreiro, a presentación do documental “Asolagados”, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo e o Concello de Pontevedra. A proxección será a partir das 19.00 horas e recolle a historia dos pobos anegados polo encoro de Belesar en 1963. Para máis información www.coaaugaopescozo.com











