A Casa da Cultura de Carral acolle a proxección da película John Carter
Mañá venres remata o Ciclo de Cine de Acción, organizado polos departamentos de Cultura e Mocidade do Concello de Carral.
John Carter será a película coa que se peche o ciclo, e proxectarase a partir das 20:00 h. Esta produción de Disney-Pixar, na que se mistura imaxe real e dixital, é unha adaptación da novela fantástica Unha princesa de Marte, de Edgar Rice Burroughs. John Carter é un veterano da Guerra Civil norteamericana que se atopa no planeta Marte.
A película é apta para maiores de 7 anos. As entradas son de balde, limitadas e poden recollerse na Casa da Cultura.











