publicidade hoxe

A Cañiza inaugura o Entroido o 2 de marzo coa celebración do Concurso de Comparsas con 350 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O entroido comeza en A Cañiza o domingo 2 de marzo coa celebración do tradicional concurso de comparsas que se ven celebrando na nosa localidade dende hai unha década. Concurso que está consolidado por méritos propios como un dos mellores da comarca polo alto número de participantes, a calidade dos disfraces e a posta en escea e representación de cada comparsa que cada ano traballa con máis folgos e humor para conseguir o primeiro premio. Tanto é así que este ano supera o récord de participación coa confirmación de máis de 350 persoas. 150 nenos participan nas comparsas infantís e 200 adultos na seguinte categoría de maiores

Como en anos anteriores e si o tempo acompaña, as comparsas sairán ás 16:30 horas da Carballeira do Cacharado, desfilando polas rúas da vila ata chegar ao pavillón de deportes de A Cañiza, na rúa Carballo do Marco, onde se desenvolverá o concurso. De non poder celebrarse o desfile, as comparsas deberán presentarse no Pavillón a esa mesma hora para empezar o concurso ás 17h00.

O certame conta coa participación de 11 comparsas de adultos e 5 infantis. O Concurso está dotado cunha cuantía en premios de 2.000 €uros, repartidos en 3 premios para cada categoría cunha asignación de  500 €uros para o 1º premio, 300 € para o segundo e 200 € para o gañador do 3º premio.

LUNS, 3 DE MARZO. Festa Infantil de Entroido para os pequenos.

O luns, 3 de marzo os pequenos contarán tamén coa súa particular festa de entroido. Nesta ocasión na Casa de Cultura, a partires das 17:00 horas, con música, merenda e moita diversión.

28 de febreiro de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.