publicidade hoxe

A Cañiza celebrará o Entroido os días 2 e 3 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

DOMINGO, 2 DE MARZO

O entroido comeza en A Cañiza o domingo 2 de marzo coa celebración do tradicional concurso de comparsas que se ven celebrando na nosa localidade dende hai unha década e que está consolidado por méritos propios como un dos mellores da comarca polo alto número de participantes e a calidade dos disfraces así como a posta en escea e representación de cada comparsa que cada ano traballa con máis folgos e humor para conseguir o primeiro premio.

As bases para poder participar neste concurso podes consultalas na seguinte dirección:http://www.caniza.org/?_=/el-ayuntamiento/noticias/carnavales-2014&lang=gl.

Como en anos anteriores e si o tempo acompaña, as comparsas sairán ás 16:30 horas da Carballeira do Cacharado, desfilando polas rúas da vila ata chegar ao pavillón de deportes de A Cañiza, na rúa Carballo do Marco, onde se desenvolverá o concurso.

O certame conta con dúas categorías: infantil e adulto. Para acadar a categoría de comparsa deben participar un mínimo de 5 persoas.

O Concurso está dotado cunha cuantía en premios de 2.000 €uros, repartidos en 3 premios para cada categoría.

1º premio: 500 €uros

2º premio: 300 €uros

3º premio: 200 €uros

LUNS, 3 DE MARZO,

O luns, 3 de marzo os pequenos contarán coa súa particular festa de entroido. Nesta ocasión na Casa de Cultura, a partires das 17:00 horas, con música, merenda e moita diversión.

13 de febreiro de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.