A calidade do comercio local nos Mercados de Monforte a prezos de oportunidade
O Espazo Central do Praza de Abastos volverá abrir as súas portas esta fin de semana, días 15 e 16 de febreiro, para acoller un mercado dedicado ás oportunidades do comercio local.
Será o primeiro Mercado das Oportunidades organizado polo Concello a través de Mercados de Monforte, e o comezo do que serán os mercados para comerciantes locais que se celebrarán cada mes. Este Mercado, no que participarán doce comercios locais de variada índole, porá á venda produtos de calidade a prezos moi competitivos, co 50 % e o 70 % de rebaixa sobre o seu custo orixinal.
A promoción do comercio local é un dos obxectivos que se marca Mercados de Monforte para esta nova tempada.
Os comercios que participarán nesta primeira experiencia son:
Zapaterias:
Cempés: calzado e moda infantil
Zapatería Isabel: calzado de home e muller
Kukín: calzado infantil
Moda:
Mercería Ourensá: moda infantil e lencería
Doble M: moda xuvenil
Menchu: moda muller
En Lá: moda de muller e nena
Colorín Colorado: moda infantil
Outlet Bambu: moda muller
Mercería Carmen: moda infantil, lencería e manualidades
Varios:
Josela Martinez: complementos divertidos
Delux: decoración (pinturas, papeis pintados, e cousas para manualidades)
Outlet Mundo Fogar: roupa de fogar
O Mercado das Oportunidades permanecerá aberto o sábado día 15 dende as 10:00 ata as 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., mentres que o domingo día 16 estará aberto soamente pola mañá, de 10:00 a 14:00 h.
No mes de febreiro, ademais do mercado desta fin de semana e do que tivo lugar o pasado sábado e domingo, celebrarase os días 22 e 23 un Mercado de Voda e Comuñón organizado polo CCU.











