A Biblioteca Provincial da Coruña inicia os seus obradoiros infantís e xuvenís para esta primavera
Esta sesión gratuíta está aberta para todo o que desexe. Celebrarase no vestíbulo da biblioteca (Riego de Agua, 37) entre as seis da tarde e as oito da noite.
A seguinte cita será o 21 de marzo para celebrar a chegada da “Primavera”, de aí que este sexa o título da sesión. Ademais, o 2 de abril haberá outra actividade dedicada ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e o 23 para o Día do Libro, en xeral. Por último, o 16 de maio, o centro celebrará o Día das Letras Galegas.
Cursos para socios
O centro dependente da Deputación organiza tamén cursos reservados para os socios da biblioteca. Entre eles destaca o de “scrapbooking” ou a técnica de decorar álbums de fotos e cadernos con recortes. Este seminario, dirixido a nenos de entre 7 e 14 anos, celebrarase os sábados do 15 de marzo ao 26 de abril na sala Manuel López (semisoto).
Ademais, os sábados 1 e 8 de marzo porase en marcha a actividad “Crea o teu conto” para pequenos de entre 7 e 12 anos; e o 8 de marzo, con motivo do Día da Muller Traballadora, ofrecerase outra sesión no vestíbulo da biblioteca baixo o nome de “Da igual? Igual non da”.
Para estas sesións requírese inscrición previa na Biblioteca en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30. As chamadas telefónicas (981 080 171) só se atenderán a partir de 11.00 horas. O prazo de solicitude xa está aberto.











