A biblioteca municipal ferrolá acolle unha sesión de contacontos co narrador Pablissimo
A Biblioteca Municipal Central de Ferrol celebrará o vindeiro venres, día 7 de febreiro, unha sesión de contacontos coa presenza do narrador Pablissimo. Esta actividade, promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dará comezo ás 18:00 horas na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Municipal Central, situada na praza de España. Así, as sesións de contacontos terán lugar os venres cunha periodicidade quincenal.











