A Biblioteca Municipal do Alto chega aos 15.000 socios distinguindo a 10 persoas coma Usuarios de Honra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, ofreceron hoxe unha recepción ó socio número 15.000 da Biblioteca Municipal do Alto. Trátase de Salvador Fernández Fernández, veciño de Xuvia, e usuario destas instalacións dende o pasado 31 de xaneiro de 2014.

Ademáis, hoxe foron distinguidos dez “Usuarios de honra 2014”:

Os Usuarios de Honra 2014 adultos son:

Carmen Castro Vales

Iván Paulo Valente Lorenzo

Manuela Solla Díez

Esperanza Porta Rodríguez

Jorge Marcos González Baamonde

Os Usuarios de Honra infantís (menores de 14 anos) son:

Miguel Rodríguez Collado

Álvaro Pita Canosa

Juan Romero Durán

Anxo Garrote Pereira

Alicia Garrote Pereira

A categoría de “Usuarios de honra 2014” foi concecida a cinco persoas adultas e cinco nenos/as que durante o ano 2013 tiveron unha especial vinculación coa Biblioteca Municipal do Alto, participando de maneira activa nos seus servizos e actividades.

No caso dos usuarios infantís, son nenos e nenas que ademáis de levar moitos libros e outros documentos en préstamo, participaron en contacontos e obradoiros que leváronse a cabo durante o ano 2013.

No caso das persoas adultas son tamén usuarios/as activos do préstamo e outros servizos coma a sala de lectura e a aula de informática. Algúns deles incluso fixeron suxerencias de compra de materiais bibliográficos.

En total, os usuarios de honra adultos retiraron entre 90 e 150 libros en préstamo ó longo do ano, e os usuarios de honra infantís entre 55 e 140 exemplares.

AS CIFRAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL NO ANO 2013

Préstamos efectuados:

Monografrías: 31965 volumes.

Documentos sonoros: 155 volumes.

Documentos audiovisuais: 639 volumes.

Documentos electrónicos: 145

Total: 32904 documentos

Media de préstamos/día: 116,68

Usuarios:

Número de novas altas:

Durante 2013 déronse de alta como usuarios da biblioteca 522 novas persoas, das cales:

458 viven en Narón (87,74%)

64 viven noutros concellos (12,26%)

Principalmente en Ferrol, Neda e Valdoviño.

510 déronse de alta na Biblioteca Central (97,70%)

12 déronse de alta nas bibliotecas filiais (2,30%)

299 son mulleres (57,27%)

223 son homes (42,73 %)

Visitas á Biblioteca:

Mulleres menores de 14 anos: 6863

Homes menores de 14 anos: 6947

Mulleres adultas: 27353

Homes adultos: 23876

Total visitas: 65039

Media de visitas ao día: 230,63

Actividades:

Exposicións bibliográficas temáticas:

– Día do pai.

– Día da nai.

– Día da Familia.

– O verán.

– O Nadal.

Exposicións bibliográficas biográficas:

– Hans Christian Andersen (no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil).

– José Luis Sampedro (homenaxe no seu pasamento).

– Antonio Muñoz Molina (Premio Príncipe de Asturias das Letras).

– Manuel Álvarez Torneiro (Premio Nacional de Poesía 2013).

– Clara Sánchez (Premio Planeta de Novela 2013).

– Nelson Mandela (homenaxe no seu pasamento).

Exposicións Artes (manualidades, pintura, fotografía…)

–  Exposición de manualidades da A.VV. de Doso.

–  Exposición de manualidades da A.VV. da Gándara.

–  Mostra fotográfica “10 anos de biblioteca”.

–  Exposición de pintura do alumnado de Piñeiros da mestra Begoña Gorostidi.

–  Exposición de manualidades do alumnado de Piñeiros da mestra Begoña Gorostidi.

–  Exposición “Coidando o noso mar”, cedida polo CEIDA.

–  Exposición “Maquila Boutique” da ONG Implicadas no desenvolvemento.

–  Exposición de pintura “O ciclo da vida” da Asociación Cultural Tartares.

–  Exposición fotográfica das actividades realizadas en 2013.

Presentación de libros (2)

– Esto no es una fábrica de sonrisas, de Paula Merlán.

– Homiños, de Mario Caneiro

Contacontos infantil: 19 sesións

Visitas guiadas: 624 persoas pasaron pola biblioteca

*Novidades do ano 2013:

-I Mostra do libro usado e de segunda man, na semana anterior ao Día do Libro

-Dúas xornadas de Bookcrossing.

Outras actividades realizadas:

Audicións musicais.

Xuntanzas do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias (SOLF)

8 de febreiro de 2014 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.