publicidade hoxe

A Biblioteca Municipal da Cañiza celebra o seu aniversario cambiando de ubicación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O cambio de ubicación debeuse, en parte, ao amplio fondo bibliotecario existente que xa non tiña cabida na antigua instalación da planta baixa da Casa Consistorial. Neste espazo permaneceu a biblioteca dende o ano 1.992. Durante este tempo acometéronse distintas reformas e mellorouse a instalación para adaptala ás necesidades dos lectores. Ademáis e ainda que o local estaba ben iluminado, ao estar situado nunha planta baixa, rodeado de edificios, a entrada de luz natural directa durante todo o día era limitada. Tamén esta carencia estaba solventada coa instalación de focos direccionales en cada posto de lectura.

Pero a construcción do Edificio Multiusos permitiu destinar un andar enteiro para nova biblioteca. Neste novo espazo, construido tendo en conta a súa privilexiada ubicación, xa que a orientación do terreo permitiu aproveitar ao máximo  a luz solar, duplicáronse os postos de lectura e tamén a zona de depósito de volúmenes.

A nova biblioteca, situada no segundo andar do Multiusos, conta cun fondo de máis de 20.682 títulos catalogado. Ademáis está dotada dun servicio informatizado de préstamo de libros. También conta con préstamo de DVD e dispón dunha  colección de 1052 títulos así como 85 CD.  Dende hai 6 anos tamén conta con servizo de libro electrónico que non está incluido en préstamo. A sala de lectura e consulta está equipada con 32 postos e dispón dunha zona reservada para internet  con 8 equipos informáticos. Este servicio é totalmente gratuito.

Para ser socio usuario sólo é preciso entregar unha fotografía tamaño carnet e aportar os datos personais. Este carnet da dereito a acceder aos ordenadores, libros, cd, dvd e libro electrónico.

Na actualidade a biblioteca municipal conta con 1314 socios, dos cales o 60% son adultos.

O persoal da biblioteca está a disposición dos usuarios para orientalos e facilitarlles o seu uso de luns a venres en horario de 10 a 13h00 e de 16h30 a 20h e os sábados de 10 a 14h00. Nos enderezos electrónicos acaniza.rbgalicia@eidolocal.es ou  biblioteca_acaniza@hotmail.com tamén son atendidas as demandas de información e consulta.

COLABORACIÓN COS CENTROS ESCOLARES

Dende hai tres anos, o Concello colabora tamén cos centros de ensino de A Cañiza comprometéndose a ter depositados na biblioteca todos os títulos de obrigada lectura nos centros escolares.   Este compromiso foi adquirido pola Alcaldía nun dos consellos escolares do CPI. Coa adopción deste acordo o Concello comprometeuse a ter a disposición dos alumnos do centro todos os títulos de obrigada lectura dos diferentes niveis educativos. Os alumnos poden elexir entre os 5 títulos optativos por curso e poderán dispor do préstamo durante 15 días.

“O CONCELLO INVÍTATE A LER”

Tamén dende o Concello se impulsou a lectura entre os máis pequenos a través desta campaña. Trátase dunha iniciativa que pretende implantar entre os cativos o hábito da lectura como fonte de entretemento, coñecemento e desenvolvemento persoal. Baixo o lema “ O Concello invítate a ler ”, se habilitaron en varios espazos nas instalación municipais dedicadas exclusivamente aos máis pequenos.

A biblioteca municipal conta cunha zona infantil acondicionada con mobiliario adaptado para os máis pequenos e dotada con máis de 6.000 volúmenes infantís e 20 coleccións diferentes. Tamén dispón de servizo de préstamo de DVD infantil con 544 unidades que se poden prestar durante dous días tamén a razón de 2 dvd por préstamo.

E a parroquia de Valeixe conta tamén cun servizo de préstamo para os máis pequenos na Axencia de Lectura situada no Centro Socio Cultural da Miñoteira. Se algún nen@ precisara dun libro ou DVD determinado, que non estivera a disposición nesta axencia, podería solicitado e de inmediato se lle faría chegar procedente da Biblioteca Pública.

26 de febreiro de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.