A biblioteca de Ponte Caldelas celebra con música e poesía o Día da Lingua Materna
O Concello de Ponte Caldelas, a través da Biblioteca Municipal, conmemora o Día da Lingua Materna con diversas actividades protagonizadas por un grupos de lectores asiduos desta institución que dedicaron “un tributo de amor á Lingua Nai” a través dun recital poetico acompañado por diferentes pezas musicais.
Esta actividade cultural, que tivo lugar no Centro Cultural, enmárcase dentro do Calendario do Libro e da Lectura 2014 promovido pola Xunta de Galicia.
Durante o desenvolvemento do acto, un grupo de “Amigos da Biblioteca” fóronse relevando para recitar diversas poesías alusivas ao tema central que se conmemora neste día, intercalando interpretacións musicais que fixeron máis entretida e variada esta actividade que serviu de tributo ao idioma galego.
O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Unesco o 21 de febreiro de 2000, e celébrase na mesma data cada ano nos estados membros e na sede da organización para promover a diversidade lingüística e cultural e o plurilingüismo.
É unha celebración que busca o recoñecemento e o valor de todas a linguas apostando os organizadores do acto porque o galego alcance o maior potencial posible como vehículo que facilite a investigación e divulgación científica.











