A biblioteca de Ordes acolleu medio cento de cativos nunha sesión das súas Tardes de contos e lendas

Sesión de contos
Unha vez máis a biblioteca de Ordes transformouse nun centro de reunión para nenos, nenas e adultos que non se quixeron perder as Tardes de contos e lendas. Máis de medio cento de rapaces e rapazas entre os 3 e 8 anos de idade disfrutaron nesta ocasión dos relatos ‘Aventuras dunha gota de auga’ e de ‘a árbore-escola’.











