A Aula CEMIT de Ourense acollerá 9 novos cursos de formación en novas tecnoloxías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Aula CEMIT de Ourense acollerá durante o vindeiro mes de marzo e abril 9 novos cursos de formación gratuítos, en materias como iniciación á informática, páxinas web, forografía ou compras en Internet, entre outros

Os interesados poden solicitar máis información na Aula CEMIT, na rúa Progreso, 44, teléfono 988 374523, ou inscribirse en http://cemit.xunta.es/centro/55.

Os cursos son os seguintes

– Iniciación á informática (os días 10, 11, 12, 13 e 14 de marzo de 10:00 a 12:00 horas)

– Creación de páxinas web – JOOMLA (Nivel básico): 17, 18, 19, 20 e 21 de marzo de 10:00 a 12:00

– Retoque de fotografías – GIMP: 24 e 25 de marzo de 10:00 a 12:00

– Comprar de forma segura en Internet: 27 e 28 de marzo de 10:00 a 12:00

– Procesador de textos (WRITTER): 1, 2, 3 e 4 de abril de 10:00 a 12:00

– Creación de páxinas web – JOOMLA (Nivel avanzado): 7, 8, 9, 10 e 11 de abril, de 10:00 a 12:00

– Correo electrónico – WEBMAIL: 22 2 23 de abril de 10:00 a 12:00

– Búsqueda de información a través de Internet: 24 e 25 de abril de 10:00 a 12:00

– Creación de presentacións con PREZI: 28 e 29 de abril de 10:00 – 12:00

A aula CeMIT pretende ser un referente para todos e todas aquelas que desexen incrementar os seus coñecementos informáticos e potenciar o uso das novas tecnoloxías entre as persoas de maior idade para a formación, a búsqueda de emprego ou o ocio, dentro do obxectivo do Concello de Ourense a través da Concellería de Emprego e Promoción Económica de diminuír a fenda dixital implantando políticas de accesibilidade web para todas as persoas, independentemente das súas limitacións físicas ou das derivadas do seu contorno.

A Aula (antigo telecentro) municipal forma parte da rede CeMIT Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia.

18 de febreiro de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.