A Aula Cemit de Ferrol acollerá un curso gratuíto de informática básica para persoas maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Aula Cemit da Biblioteca Municipal da Praza de España desenvolverá un curso gratuíto de informática básica dirixido a maiores de 50 anos. Os interesados en realizar este obradoiro deberán realizar a súa inscrición, a partir de hoxe, no mostrador da planta baixa da Biblioteca Municipal. O límite de prazas é de 10 persoas.

Esta actividade, cunha duración de 15 horas, terá lugar dende o vindeiro luns, día 10 de febreiro, ata o luns 3 de marzo. O curso realizarase os luns, mércores e venres de 10 a 11:30 horas na Aula Cemit da Biblioteca Municipal e ao rematar a formación entregarase un diploma de asistencia. Así, ao longo das sesións, os alumnos e alumnas adquirirán coñecementos básicos de ordenador, tratamento de textos, navegación por internet e correo electrónico.

3 de febreiro de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.