A asociación Amizade inicia un curso de informática básica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

O próximo martes, 18 de febreiro, AMIZADE inicia un curso de “Informática Básica” dirixido a persoas con discapacidade, sendo o seu obxectivo o de incrementar as posibilidades de acceso ao mercado de traballo a través da mellora na súa formación.

Ante un mercado laboral en continua evolución e desenvolvemento tecnolóxico faise cada vez máis necesaria a formación en novas tecnoloxías da comunicación e información. E esta necesidade faise aínda máis patente no caso das persoas con discapacidade, que adoitan ter un menor nivel educativo.

Amizade ten por obxecto acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, resultando imprescindible a actuación no ámbito sociolaboral, co obxecto de incrementar o seu grao de empregabilidade e mellorar as súas habilidades sociais, formativas, persoais e comunicativas.

O curso levarase a cabo grazas á colaboración do Concello de Pontevedra naCasa Azul sita na rúa Sor Lucía, en Pontevedra, tendo unha duración de 84 horas impartidas entre os meses de febreiro e decembro. O horario será os martes e xoves de 09:00 a 11:00e os módulos a impartir son: Windows XP, Internet, Word e Excel.

14 de febreiro de 2014 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.